Partindo en Samil, pasará pola Avenida de Europa, Avenida de Castelao, Praza de América, López Mora, Camelias, Praza do Bicentenario, Venezuela, Pizarro, Travesía de Vigo e Bos Aires.
O Concello reserva un orzamento próximo aos seis millóns de euros para esta obra, explicou Caballero, quen apuntou que o carril bici construirase en cinco fases que se executarán de forma simultánea. Así, na «primavera» do próximo ano estará en funcionamento.
O novo carril bici é parte da cooperación institucional do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. O ente provincial, presidido por Carmela Silva, achega o 60% do custo, polo 40% da administración local, segundo subliñou o alcalde de Vigo.