O domingo 23 de decembro ás 17:00 horas na avenida de Puxeiros celebrarase o Desfile de Rondallas e poderá tamén visitarse a estación de Papá Noel con obradoiros infantís e animación. Actuarán a Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán, a Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville, a Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, e a Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso.
O importe total desta nova área de lecer ascendeu a case 50.000 euros e foi subvencionado nun 60% (29.976 euros) pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia ao abeiro da liña de axudas para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2018.
Con este parque dáse continuidade á mellora integral de Puxeiros que se está a promover dende o Concello de Mos e xa se viu reflectida na obra de humanización da avenida. Esta zona ata o de agora carecía dunha área coas características necesarias para acoller o gran número de nenos que hai na contorna.