O novo centro traballará na xeración de proxectos que aporten valor o resto do tecido industrial galego. Ademais, buscará levar o coñecemento aos centros de formación de Galicia, tanto universidades como centros de FP.
Á inauguración asistiron diferentes representantes políticos. O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, incidiu na importancia do sector, o primeiro de consumo cultural en España por ingresos.
Segundo indicou, o peso de Galicia supón un catro por cento do sector español do videoxogo, ocupando o sétimo lugar entre as comunidades con trinta operadores económicos activos e 16 estudos. Catro deles localízanse na provincia de Pontevedra, un na cidade do Lérez e os outros tres en Vigo, onde tamén destacan operadores sectoriais de relevancia nacional.