Segundo dixo, estamos nun momento no que é importante adiantarse aos feitos e dende a política débese “pensar e soñar o Vigo do futuro”, malia que o reto máis urxente desta cidade, para Pontón, é recuperar o impulso industrial, o emprego e ese Vigo innovador que foi sempre. Todo isto, entende o BNG, non se pode facer dende “a confrontación e o localismo” e por iso dende o BNG queremos “entrar con forza no concello para tender pontes e construír unha sociedade más xusta e con máis igualdade pero tamén, converter Vigo na cidade da innovación de Galiza”.
Pontón lembrou que ao longo dos últimos anos o BNG sempre traballou por Vigo e a “pegada está presente”. Se hoxe temos un paseo en Bouzas é porque no seu momento o Bloque opúxose a aqueles que pretendían un recheo. Se Vigo ten rúas peoniles é porque un goberno presidido por Lois Pérez Castrillo impulsou un modelo que coloca aos peóns por riba dos vehículos. O BNG apostou por unha política cultural en Vigo conectada coas grandes correntes de pensamento de todo o país, e por iso, reiterou, “Vigo necesita un novo impulso” e dende o BNG queremos colaborar para conseguilo apostando por un candidato “de canteira”.
Finalmente, a portavoz nacionalista mostrouse convencida de que o BNG entrará con forza no concello de Vigo porque hoxe, afirmou, “o nacionalismo é hoxe máis necesario que nunca”.
Os problemas dos vigueses no centro da política
O candidato do BNG á Alcaldía, Xabier Pérez Igrezas, asegurou que Vigo está ante “un goberno que non goberna” ao que sumou unha oposición “sen propostas e alternativas” o que evidencia, dixo, a necesidade de que o Bloque “volva estar con forza no concello”. Cando o BNG foi unha forza decisiva e determinante, ben no goberno, ben na oposición, explicou, fixemos avanzar á cidade. Neste sentido, Pérez Igrexas apostou por un “novo impulso para Vigo” un cambio de rumbo para abordar propostas en positivo co fin de conseguir que todos os vigueses e viguesas se convertan no centro da política iso será posible coa presenza do BNG no concello.
Na súa intervención, Pérez Igrexas amosouse convencido de que é posible “construír cidade dende os barrios e parroquias e sumar nesta tarefa a moitos miles de vigueses e viguesas”.
Queremos dar un novo impulso a #Vigo, contigo, pór a política ao servizo da veciñanza e dar solucións ás problemáticas sociais. Transformamos Vigo desde a esquerda e o nacionalismo, porque queremos Vigo e queremos #Galiza. #VigoCunNovoImpulso pic.twitter.com/zHKSjYlBQk
— BNG Vigo (@bngvigo) 15 de diciembre de 2018
“Nós non vimos a mazar en ninguén”, recalcou. “No que hai que mazar é nos problemas da xente como o desemprego, a situación de emerxencia social, a necesidade dun transporte en condicións, en acabar coa desertización cultural”, engadiu. O candidato pediu rematar “coa política inútil do pim-pam-pum e da lea permanente das sesións plenarias” pero sobre todo, “da confrontación por todo entre Concello e Xunta. Nós vimos a traer solucións, un proxecto de cidade ao servizo da veciñanza, xa basta de balbordo, xesticulación e pelexas por nada”.
O nacionalista afirmou que existe unha onda de simpatía cara ao BNG que non deixa de medrar e lembrou que moitas das persoas que deixaron de votar ao Bloque “volven a mirar para nós”.
Pérez Igrexas reiterou a súa confianza en que moita mocidade votará por primeira vez e pensan no Bloque Nacionalista galego como “unha alternativa polas súas propostas, ideas e experiencia para transformar a súa cidade. “O reto que temos por diante é converter toda esa simpatía nun grande apoio ao BNG dende hoxe a maio”.