O rexedor presidiu o acto de finalización dos traballos correspondentes á Fase II da humanización desta vía da cidade, entre Gaiteiro Ricardo Portela e Juan Ramón Jiménez, na que se investiu máis de 870.000 euros. “Este é o Vigo Vertical, é o que queremos facer, a comodidade, a accesibilidade, a arte”, apuntou Caballero, durante a inauguración, que contou cunha actuación de música galega.
A actuación foi financiada con Fondos Europeos de Desenvolvimiento Regional (FEDER) a través de Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI) e comprendeu o aproveitamento do espazo público de transición da rúa Instituto Oceanográfico, entre Conde de Torrecedeira e a propia Marqués de Valterra, xerando unha praza peonil que serve como lugar aberto de esparexemento.
Aparte da renovación das redes de servizos urbanos -saneamento, abastecemento, electricidade, rede de rego, iluminación con tecnoloxía led de baixo consumo- o Concello instalou un ascensor panorámico acristalado que conecta Torrecedeira e Marqués de Valterra salvando unha altura de 15 metros e integrou na obra un mural de arte urbana de 200 metros cadrados, cuxo autor é Fernando Viscasillas, licenciado en Belas Artes por la Universidad de La Laguna.
Artículo relacionado: Así luce el nuevo ascensor de Vigo, que se inaugurará muy pronto