Esther Alonso Rodríguez, do colexio María Inmaculada (Carmelitas), foi a vencedora do certame, no que tamén se conxugaron alusións ao 50º aniversario da compañía. O segundo premio recaeu en Sofía Alonso Lago do colexio Pintor Laxeiro e o terceiro en Teresa Piñeiro de Dios do María Inmaculada (Carmelitas). Entregáronse tamén dous accésit, un a José Prieto García do colexio Mariano e outro a Victoria Amoedo Prieto, de Carmelitas.
Vitrasa premiou as tres mellores postais e concedeu dous accésit. A cerimonia de entrega dos galardóns desenvolveuse no Centro Comercial Gran Vía de Vigo, primeiro cunha visita ao autobús vinilado, estacionado na entrada principal da superficie comercial, e logo nas salas de cine do complexo.
No acto, os rapaces estiveron acompañados polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino. Trala entrega dos recoñecementos, a empresa convidou aos colexios participantes á proxección da película ‘Spiderman’, da que puideron gozar máis de 100 nenos dos centros escolares, cativos da asociación Bicos de Papel e fillos dos traballadores da concesionaria.