Nesa actuación, na que se invisten 2,1 millóns e que este luns recibiu a visita do alcalde, Abel Caballero, vanse respectar as camelias existentes habilitando espazos axardinados e prevese plantar un “camelia exemplar” no cruce de Camelias con Romil, segundo anunciou o rexedor.
Outra das novidades será a instalación dun novo paso de peóns fronte ao ascensor inclinado para darlle continuidade ao corredor que vén desde o Auditorio Mar de Vigo.
Os traballos incluirán a renovación de pavimentación, de abastecemento, de redes de alumeado, melloras de seguridade viaria e incorporación do carril bici. A obra inclúe a creación dunha nova senda verde entre os números 19 e 21.
A esa altura habilitarase ese camiño con vexetación que unirá la propia Camelias con Hispanidade de xeito directo. Ademais, a zona incorporará un punto de intercambio de libros.
Barrio das Flores
Ademais, o alcalde indicou que a Xunta de Goberno Local aprobou a humanización da rúa Mantelas, cun investimento de 370.000 euros, e a concesión de Proxecto Municipal de Interese ao Centro Loxístico Porto de Vigo.
Igualmente, indicou que a humanización do Barrio das Flores está a punto de rematar e contempla o traslado do aparcamento na zona traseira.