Segundo a administración local, a execución das obras levouse a cabo “cumprindo escrupulosamente” o ordenado no auto, de data 16 de novembro de 2018, do citado xulgado, que sinalaba expresamente a obriga de demoler “todas as construcións obxecto do proxecto de legalización autorizado pola licenza de obras maiores anulada».
Este proxecto, conforme, foi indicado no informe dos servizos técnicos municipais amparaba a totalidade das edificacións da instalación. “Queda por tanto completada a execución da sentenza do ano 2014 do Xulgado”, di o Concello.