Mentres non chega a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio necesaria para volver colocar as pedras orixinais cun camión grúa, o Concello sinalizará a zona como medida preventiva.
Con respecto a este asunto, o PP, partido da oposición, denunciou o “abandono” que sofre a fonte porque “hai máis de dous meses” que se produciu o accidente e as pedras “seguen alí tiradas, sen ser colocadas, e supoñen un perigo para calquera veciño ou neno que pase por alí”.
O Baratillo foi restaurada, xunto á praza na que se atopa no ano 2013 e forma parte do inventario de Bens do Patrimonio Cultural de Ponteareas. Así, os ‘populares’ instaron ao goberno de Xosé Represas que acometa as obras de recuperación desta fonte canto antes.