A zona de Puxeiros, pertencente á parroquia de Tameiga, é unha zona urbana do Concello de Mos que rexistra unha crecente demanda de prazas de aparcamento ao tratarse dun importante núcleo de servizos.
Diariamente poden acudir a Puxeiros, segundo cálculos da Policía Local de Mos, entre 2.000 e 3.000 persoas, que se desprazan ata as empresas dos tres polígonos industriais existentes na zona (Rebullón, Portela e Monte Faquiña), ás entidades bancarias, negocios de hostelería e alimentación, farmacias, centro de saúde…
Para optimizar o aproveitamento de prazas no lugar xa se implantou o sistema da zona azul que regula o tempo máximo de estacionamento nun tramo da Avenida de Puxeiros, e agora habilitarase esta nova área na que poder aparcar e que ampliará moito o espazo destinado a tal fin.