A este respecto, Abel Caballero recordou que as pistas de atletismo de Balaídos son «instalacións supramunicipais», empregadas por deportistas de toda a área de Vigo. «Tería que ser a Xunta, polo seu carácter supramunicipal, a responsable das instalacións e do seu mantemento», aseverou o alcalde, «pero como non o fai a Xunta, faino a cidade».
No seu «aviso a navegantes», Caballero preguntouse «quen paga as pistas de alto rendemento de Pontevedra», pois as pistas de Balaídos «son de Vigo, as paga Vigo e están a utilizalas atletas de todo o territorio, porque a Xunta fai deixamento da súa responsabilidade e da súa obrigación».