A contratación das persoas aspirantes que superen este proceso selectivo realizarase a medida que xurdan tales necesidades, pola orde de puntuación total obtida nas probas. No intre en que sexa necesaria a contratación dun ou dunha auxiliar de policía terase en conta a puntuación acadada. Os contratos que se realizarán terán unha duración máxima de catro meses.
En determinados casos, debida e obxectivamente xustificados, poderá realizarse a contratación por un prazo de tempo superior, que non excederá dos seis meses, sempre que sexa autorizado pola consellería competente da Xunta de Galicia.
Ter unha estatura mínima de 1,65 metros para os homes e de 1,60 metros para as mulleres ou estar en posesión do título de graduado en ESO, ou equivalente, ou en condición de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes, que se acreditará mediante presentación do título oficial ou copia autenticada deste, son duas das condicións dos aspirantes.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do extracto destas bases no BOP.