Ademais, nesta reunión, estudáronse, máis polo miúdo, en primeiro lugar, a localización da “tan agardada” gardería infantil, no Polígono de A Granxa, nun espazo que este mesmo xoves visitarán representantes do Concello e do Consorcio.
A gardería, lembra Eva García de la Torre, “é unha dotación longamente demandada por empresas e traballadores e podería radicarse nunha construción xa existente no propio polígono”, como considerarán os especialistas de as dúas administracións.
Así mesmo, subliña a alcaldesa, “tamén tratamos da apertura da Aula da Universidade de Educación a Distancia (UNED) do Porriño” no mesmo polígono, un proxecto que tanto o Concello coma Zona Franca “consideramos que é especialmente importante e beneficioso ”.
García de la Torre indicou que o Centro de Iniciativa Empresarial (CIE), “que tamén visitaremos este xoves”, propiedade do Consorcio, “conta xa con espazos, dotacións, e infraestruturas” que poderían aloxar as “clases, biblioteca e salón de actos” da Aula da UNED sen que supoña un desembolso inicial moi elevado para o Concello do Porriño.