Ademais, comprouse un cargador de botellas para equipos de respiración autónomos máis moderno capaz de cargar dúas botellas en dez minutos. “O que tiñan os nosos bombeiros cargaba só unha botella e tardaba vinte minutos. Dispor de equipos eficientes e eficaces é fundamental e decisivo en moitos casos de emerxencias”, explicou a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández.
O Concello tamén mercou un estabilizador de vehículos para enderezar automóbiles envorcados e que tamén facilita o acceso aos bombeiros que poden utilizalo para subir.
Finalmente, adquiriuse unha bomba de achique para o camión, que se poderá usar en lugares onde non haxa corrente eléctrica e unha bomba nova de excarceración menos pesada e con mellores prestacións.