Para Agolada, o goberno provincial deulle o visto bo a unha partida de 248.573,37 euros para financiar a mellora de camiños de titularidade municipal con firme de asfalto e formigón. A través do Plan Concellos, Agolada ten este ano a súa disposición 528.044,96 euros, un 2,95% máis que o no exercicio anterior.
No caso de Portas, o goberno de Carmela Silva vén de aprobar unha achega de 133.937,47 euros para adquirir un camión recolector-compactador de residuos sólidos urbanos. Este ano, a través do Plan Concellos, Portas ten a súa disposición 390.104,97 euros, un 3,08% máis que o ano pasado.
Para Nigrán, o Goberno provincial autorizou dous investimentos por un valor de 164.209,06 euros. Máis polo miúdo, trátase de unha achega de 103.682,09 euros destinada á pavimentación de diversos camiños na parroquia de Nigrán e outra achega de 60.526,97 euros para financiar tamén a pavimentación de camiños na parroquia de Chandebrito. En total, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra pon a disposición de Nigrán este ano un total de 1.025.470,24 euros, un 2,94% máis que no exercicio anterior.
Para Gondomar, a institución provincial aprobou un investimento de 135.365,19 euros para levar a cabo a reforma e pavimentación do camiño de Sequeirós, Fase II. A través do Plan Concellos, Gondomar ten este ano a súa disposición un total de 1.003.879,76 euros, un 3,51% máis que en 2018.
No que respecta a Poio, o Goberno provincial deulle o visto bo a unha partida económica de 69.603,97 euros destinados a financiar a rehabilitación de servizos e firmes na rúa Valiña. Este ano, a través do Plan Provincial, o goberno de Carmela Silva destina a Poio 1.068.761,89 euros, un 3,03% máis que no exercicio do ano pasado.
Para Cangas, a Deputación de Pontevedra autorizou unha achega de 111.118,22 euros para levar a cabo o acondicionamento do espazo entre as rúas Poio e Ensinanza. En total, a través do Plan Concellos, o Goberno provincial pon a disposición de Cangas este ano un total de 1.142.308,12 euros, un 3,47% máis que en 2018.
Finalmente para Vilaboa, a institución provincial tamén lle deu o visto bo a un investimento de 180.364,51 euros destinados a financiar o reasfaltado entre Seixas e Vilar. Este ano, a través do Plan Provincial, a Deputación de Pontevedra destina a Vilaboa 522.009,09 euros, un 3,22% máis que no exercicio anterior.