O Campionato Galego de Lanzamentos Longos (Sub16/18/20) celebrado este sábado nas instalcións do CGTD de Pontevedra tivo unha clara cor celeste. Das 48 medallas repartidas, 13 foron para os atletas célticos; amosando unha vez máis a hexemonía do noso clube neste sector en categroías inferiores.
O nome propio da xornada foi o de Nicolás García Area. O marinense logrou a mínima para o Campionato de Europa Sub-20 que se celebrará entre o 18 e 21 xullo en Boras (Suecia). O discípulo de Frank Casañas amósase como un dos valores máis importantes e nos lanzamentos nacionais; contando as súas tempadas por metais e récords.
Os vigueses Yago Araújo e Irene Gómez Costas non acusaron o peche das instalacións de Balaídos e atópanse nestes intres no seu mellor momento da tempada. O atleta júnior volveu sobrepasar a barreira dos 60 metros co martelo de 6kg (61’68). Pola súa banda,a internacional o ano pasado volve a asentarse nesa mesma barreira co martelo de 3kg, logrando a súa mellor marca da tempada con 60’69.
Con título galego e billete asegurado para a semana que vén no Campionato de España de Lanzamentos para Categorías Menores destacan a júnior Patricia Correa (45’86, martelo 4kg); Eric Méndez (55’84) e David García (54’27) co martelo de 5kg; ou Marcos Bouza (44’27, disco 1’75kg) e Jonatas Pereira (56’03, xavelina 600g)
Completaron o medalleiro celeste as platas sub-16 de Adrián González (martelo), Samuel Freiría (disco) e Mario Abalde (xavelina) e as medallas sub-18 de Eric Méndez e Paula Piñón (disco).