Segundo este acordo, o Goberno galego achegará 1,1 millóns de euros que permitirán financiar o 80% dos descontos que se aplican nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos, que son de balde, e as bonificacións adicionais para usuarios recorrentes e membros de familias numerosas. Os 12 concellos que integran a demarcación achegarán en su conxunto preto de 266.000 euros.
Grazas a este convenio garántese a continuidade un ano máis dun plan social que supón importantes aforros económicos para os usuarios e segue a senda do fomento do transporte público por parte do Goberno galego.
Este programa rexistrou o pasado ano máis de 3 millóns de viaxes na comarca e, en canto a modalidade de transporte, cómpre destacar que o 40% dos desprazamentos seguen a corresponder cas navieiras e o 60% co autobús.
Coa súa achega, a Xunta financia ademais o 15% de desconto adicional que se aplica aos usuarios recorrentes e a membros de familias numerosas, neste caso de entre o 20% e o 50% en función da categoría.
Desa forma, o uso da tarxeta de Transporte Metropolitano permite aforros de ata os 600 euros anuais nos desprazamentos cotiás, unha menor contía que a que se acada noutras cidades galegas, debido á negativa do Concello de Vigo a integrar o transporte urbano.
A Área de Transporte Metropolitano de Vigo está integrada por un total de doce concellos: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior.