O concurso, que se desenvolverá a través da rede social Instagram, comezará o venres 1 de marzo ás 20:00 horas e rematará o luns 4 de marzo ao mediodía. Para participar nel, os asistentes deberán subir unha fotografía ao seu perfil no ‘photocall’ ou cos bocadillos con mensaxes da campaña que se difundirá na Festa da Arribada, utilizando as etiquetas #cambiaahistoria e #agresiónOFF.
O ‘photocall’ estará instalado no exterior do punto informativo en materia de violencia de xénero, na rúa Elduayen, e os bocadillos con mensaxes acompañarán aos educadores e educadoras de rúa que estarán na festa facendo difusión da campaña. A foto que acade máis ‘likes’ gañará un Huawei Y6 2018 DS Black.
O ‘photocall’ e as mensaxes estarán dispoñibles o venres 1 de marzo dende as 20:00 ata as 2:00 horas do sábado; o sábado 2 dende as 20:00 horas ata as 3:00 horas do domingo e o domingo dende as 16:00 ata as 21:00 horas.