O proceso realizarase previsiblemente a semana próxima. A intención é entrevistar a máis de 150 persoas para 25 postos de traballo directos ocupados preferentemente por veciños de Mos -daráselles prioridade aos desempregados mosenses no proceso de selección-.
Burger King Mos procura un perfil de traballador novo para a realización das seguintes funcións: atención personalizada e servizo a clientes, servizo de produtos en barra e/ou mesa, velar polo orde e a limpeza do establecemento.
Requírense estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria e experiencia previa como axudante de camareiro en restaurantes de comida rápida. Ademais, búscanse persoas con bo impacto, orientación ao cliente e gran capacidade para traballar en equipo. Valorarase posuír o carné de manipulador de alimentos e darase prioridade aos habitantes da zona. A xornada laboral será de luns a domingo con dous días de descanso entre semana.
Os interesados en optar a un destes postos de empregados base de Burger King poden presentar as súas candidaturas enviando os seus currículos ao enderezo de correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es ou ben a través da web www.axenciadecolocacionmos.es
O restaurante Burger King de Amieirolongo trátase dun edificio singular, de aproximadamente 400 metros cadrados, no que a empresa fai un investimento de 2,5 millóns de euros tendo en conta o terreo, urbanización e construción do edificio. Este local unirase aos outros catro Burger King xa existentes na comarca e será o número 27 en Galicia.