A Consellería de Educación centrarase en mellorar a eficiencia enerxética e a funcionalidade do centro. Para elo, prevé un cambio de toda a cuberta do inmoble, un pintado interior, unha inxección de aislante térmico e a instalación dunha caldeira de biomasa. Igualmente, instalará un novo ascensor, do que carecía, e eliminará barreiras arquitectónicas. Os traballos adxudicaranse nos vindeiros meses.
Pola súa banda, o Concello deixou a decisión do momento de executar a obra nas mans da dirección do García Barbón. Os responsables do colexio, en acordo co goberno vigués, decidiron que as obras, que se prolongarán durante tres meses, comecen ao remate do curso escolar.
Campamentos de verán
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o expediente de contratación do servizo de programación e execución dos Campamentos de Verán 2019 que teñen un orzamento de 228.000 euros. Son campamentos náuticos, mariñeiros, na praia, de temática ecolóxica, artística, multideportiva, en inglés e con pernocta en Vigozoo.
O rexedor expuxo que se trata «dunha pequena parte dos campamentos, os que se fan desde Xuventude e Medio Ambiente» pero haberá máis xa que «en 2019 vamos a bater marcas na oferta de prazas de campamentos de verán».