Uxía Blanco convidou a toda a cidade a sumarse á efeméride, especialmente este ano no que «apareceron voces na contra do movemento feminista e rexeitando a loita contra a violencia de xénero». Polo Consello da Muller, Raquel Doval explicou que un dos obxectivos deste ano é abranguer todos os públicos con proxeccións, contacontos, recital de poesía, actuacións musicais, roteiro literario… e Luisa Ocampo animou á cidadanía viguesa a participar o día 8 na concentración diante do MARCO ás 12 o na manifestación que parte ás 20 horas da Praza de España para dar visibilidade á muller e amosar que «se as mulleres paran a súa actividade, o mundo para».
A programación conta con diversas actividades para tódolos públicos: Xoves 7 de marzo ás 10:00 h — Pleno Específico do Consello Municipal da Muller. Salón de plenos do Concello.
-Xoves 7 de marzo ás 20:00 h — Proxección do filme » El orden divino». Auditorio municipal. Praza do Rei.
-Venres 8 de marzo ás 12:00h — Congregación de mulleres. MARCO. Ás 20:00 h — Manifestación polo Día Internacional das Mulleres. Desde a Praza de España ata a Porta do Sol.
-Sábado 9 de marzo ás 22:00 h — Entrega VII Premio de Igualdade «Ernestina Otero» á escritora María Xosé Queizán Vilas. A entrega terá lugar durante o transcurso dunha Cea que precisa inscrición previa. Hotel Coia de Vigo
-Martes 12 de marzo ás 20:00 h — Presentación e proxección do filme «Contraaluz». Longametraxe documental á que acudirá o seu autor Teo Manuel Abad xunto coas protagonistas. MARCO. Rúa Príncipe.
-Mércores 13 de marzo ás 19:00 h — Recital aberto de poesía de xénero. Con Iolanda Zúñiga. Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa.
-Xoves 14 de marzo ás 17:15 h — Contacontos de igualdade para nenas e nenos a cargo de Paula Carballeira. Praza 8 de marzo. -Venres 15 de marzo ás 20:30 h — Actuación do grupo «Habelas Hainas». MARCO. Rúa Príncipe
-Sábado 16 de marzo ás 11:00 h — Visita guiada ao Roteiro feminino «Sons de mulleres» a cargo de María Casar. Farase un percorrido polas distintas rúas da cidade que teñen relación coas mulleres e o movemento feminista. Paseo de Alfonso
-Venres 22 de marzo ás 20:00 h — Proxeccións de 3 curtas. «Consello municipal da Muller de Vigo. 25 anos facendo camiño» de Xisela Franco, «Benvidas ao club» de Carmen PG Granxeiro e «Conversa cunha muller morta» de Sonia Méndez. MARCO.