O río Lagares ten unha lonxitude de 17,6 quilómetros, todo dentro do termo municipal de Vigo. Nace na Lagoa Mol, a 269 metros de altitude, e a súa conca ten unha extensión de 69,3 quilómetros cadrados. O afluente principal na parte alta é o Rego Cernade, que se lle une preto do nacemento, procedente dos montes de Candeán.
No percorrido previsto irase á beira o maior tempo posible, pero en determinados momentos haberá que desviarse por resultar intransitable. Poderase gozar ao principio de todas as zonas húmidas creadas polos meandros conformados polo tránsito tranquilo do arranque do río, con amieirais chamativos. Xa no barrio do Carballal, despois do viaduto, o río gaña pendente e as súas augas circulan con maior rapidez, dando pé a pequenas fervenzas e zonas de rápidos. Aparece así o val, denominado Val do Fragoso.
A inscrición xa se pode tramitar no 010 (986 81 02 60 dende móbil). O prazo para anotarse remata o mércores 6 de marzo (non empadroados, o xoves).
Datos do percorrido:
– Dificultade: baixa
– Lonxitude: 11,3 quilómetros
– Duración aproximada: 3,5 horas
– Pendente media: 4,1% / -5,2%
Cursos
Dentro da programación de Camiño a Camiño, a Concellería tamén ten previstos tres cursos para este sábado: Curso de Iniciación ao voluntariado medioambiental (10.00-13.00 horas, en Vigozoo, de balde), Curso Básico de Hortas Urbanas (10.00-13.00 horas, en Vigozoo, 5 euros), e Curso de Viticultura en Galicia (edición D.O.Ribeiro) (11.30-14.00 horas, AAVV Casco Vello en Rúa Oliva 12, de balde).
A inscrición tamén quedou aberta este lunes 4 de marzo e permanecerá dispoñible ata o mércores día 6.