«É necesario elaborar o Plan Especial, coma en materia laboral incrementando o persoal efectivo do servizo de bombeiros, co obxectivo de paliar, na medida das posibilidades, os posibles futuros riscos relacionados cos lumes aos que se poida enfrontar cidade de Vigo», sinalou o voceiro do grupo municipal da Marea, Rubén Pérez.
Segundo explica Marea, dos máis de vinte riscos contemplados no PEMU, asociados tanto con fenómenos naturais coma cos efectos de accións humanas, hai dous casos nos que o propio Plan especifica a necesidade da elaboración dun Plan Especial debido ao alto nivel de risco, coma é o caso do risco de incendios forestais.
«Non só é fundamental a elaboración do Plan especial polo risco de incendios, senón que o propio Plan de Emerxencias debe ser actualizado. O accidente de «O Marisquiño» tamén viu amosar esta insuficiencia en políticas de prevención así como a falta de adaptación do Plan á realidade da nosa cidade», matiza Rubén Pérez.
Por outra banda, o concelleiro indica que a realidade na que se atopa o Servizo de Bombeiros, denunciada recentemente por parte das forzas sindicais, só fai incidir na gravidade desta situación. «Non cubrir o persoal necesario é responsabilidade única e exclusiva do Goberno local, xa non vale a escusa da taxa de reposición e do ex-ministro de Facenda Montoro, cando o propio alcalde, como presidente da FEMP, négase a abrir o debate sobre os incrementos dos cadros de persoal dos municipios. Esta situación será aínda peor en poucos anos, cando se produzan máis xubilacións e nin unha taxa de reposición do 110% será suficiente para cubrir o mínimo», conclué Pérez.