«Dende a súa apertura carecían do servizo, surtíndose mediante pozos e con moitos problemas nos momentos de seca, era unha débeda histórica con este centro que tanto traballo fai polas persoas con discapacidade e as súas familias», sinala o alcalde, Juan González.
A conexión, que estará lista na vindeira semana, consiste na apertura de gabias ao longo de 200 metros (a cargo do Concello) e na instalación de colectores (a cargo de Aqualia). O abastecemento municipal é posible grazas ao investimento do Concello de Nigrán de 475.000 euros para levar a auga a contorna da Carrasca, Laxe, Tinde ou Igrexa, onde preto de mil veciños se viron beneficiados. A obra, rematada o ano pasado, permitiu ampliar a rede mediante a instalación dunha nova condución que conecta a rede existente no parque empresarial Porto do Molle, a través dun bombeo, cun novo depósito de regulación de 500 m3 que foi ubicado no monte Eiró, e dende onde se dá servizo ás vivendas da zona. Por outra banda, na zona da Carrasca onde xa estaba instalada a tubaxe de impulsión e de distribución dende hai anos e que carecía de presión suficiente para levar a auga, agora viu este problema arranxado. Deste xeito, a vindeira semana distribuiranse carteis informativos para que os veciños que o desexen realicen na oficina de Aqualia a solicitude para realizar a acometida de agua a súa vivenda.
Esta obra considerada prioritaria para o goberno sufriu diferentes retrasos tras ter que asumir o Concello o custo das obras con cargo ao remanente de Tesourería despois de que a Xunta revogase unilateralmente o convenio no 2015 e en contra de toda a corporación. Posteriormente a Direción Xeral de Patrimonio esixiu un control arquelóxico na zona do depósito do monte Eiró que obligou a paralizar a obra durante meses.