Na cidade olívica estará concretamente este venres 15 de marzo (22.00 horas), dentro do ciclo Máis Que Blues. A súa actuación terá lugar na sala Rouge, que abrirá as súas portas media hora antes do concerto. As entradas poden adquirir a través da internet e nas tendas Elepé e Honky Tonk por 10 euros. En billeteira, o prezo subirá a 15 euros.
Tail Dragger pertence a extensa canteira de ‘bluesmen’ xurdidos en Texas e creceu musicalmente baixo a influencia de clásicos como Sonny Boy Williamson ou Boyd Gilmore. O seu directo segue atraendo a públicos de todo o mundo, inmersos nesa mestura de fascinación, historia e realidade.
É nos seus concertos onde rebrota toda a súa maxia e o seu sentido de humor, nunha continua interacción co público de inicio a fin. En Vigo estará acompañado por Adrían Flores (Brasil) na batería, Nico Fami (Argentina) na guitarra e Adrián Jiménez (Argentina) na harmónica. Tres músicos que coñecen a perfección a súa música e que dende anos xiran xuntos con Tail Dragger nas súas xiras por Sudamérica.