Este mércores terá lugar un recital aberto de poesía de xénero, un acto que será conducido por Iolanda Zúñiga que pretende converterse nunha actividade coral, convidando aos asistentes a que se sumen coa achega dun poema da súa escolla para compartir con tódalas persoas alí presentes. O evento celebrarase na Casa Galega da Cultura ás 19:00 horas. A entrada é libre ata completar aforo.
O xoves a Praza 8 de marzo acollerá ás 17.15 horas un contacontos de Igualdade para nenos e nenas baixo o título ‘Elas tres’, que correrá a cargo de Paula Carballeira.
Mentres, o venres 15 de marzo, o grupo Habelas hainas ofrecerá unha actuación musical no museo Marco ás 20:30 horas, con entrada libre ata completar a capacidade do local.
Xa o sábado 16 de marzo (11.00 horas) será a quenda da visita guiada á ruta feminina ‘Sons de Mulleres’, que liderará María Casar. Farase un percorrido polas distintas rúas da cidade que teñen relación coas mulleres e o movemento feminista. O punto de encontro será o Paseo de Alfonso.