Os XXIII Xogos Autonómicos de baloncesto para persoas con discapacidade intelectual voltan ás Travesas dos anos despois. O baloncesto é unha das modalidades que máis veces se organizou en Vigo (terceira oportunidade nesta década) xunto co fútbol sala.
«Témolo compromiso coas persoas que fan posible este evento, moi importante e cuxo mérito é de Eladio Fernández», explicou o deputado. Manel Fernández, pola súa banda, ratificou o apoio do Concello: «Vigo sempre será receptiva coas actividades integradoras e poderán seguir contando con nós para a organización dos campionatos que consideren».
Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia, agredeceu o apoio institucional e anunciou preto de 60 voluntarios adicados a organización do campionato que sirve para «demostrar as capacidades» dos xogadores e das xogadoras porque «esta é unha ferramenta de integración e superación» que busca a igualdade. De feito, o equipo que se coloque durante o partido cunha vantaxe de quince puntos perde o encontro.
Un deportista de San Francisco acudiu á presentación no Concello acompañado por Catalina Sobral, directora da Asociación Galega San Francisco.
O campionato de baloncesto é a segunda competición de 2019 tralos Xogos de Deportes Minoritarios (Vilagarcía). En total, Special Olympics organiza ata oito campionatos dende marzo a novembro.