Así anunciou o PP de Mos e O Porriño, e os seus candidatso ás Municipais, Nidia Arévalo e Alejandro Lorenzo, o encontro con Mariano Rajoy, expresidente do Goberno. A cita convocada polos populares será no aparcadoiro da discoteca Queen e previo pago de 15 euros por persoa. Arévalo é a actual alcaldesa de Mos e será o cabeza de cartel do PP local nos comicios do vindeiro 26 de maio.
No acto, ademais dos mencionados Mariano Rajoy e Nidia Arévalo, estarán Ana Pastor, candidata do PP ó Congreso por Pontevedra; Alejandro Lorenzo, candidato do PP á alcaldía do Concello do Porriño; Alfonso Rueda, presidente do PP de Pontevedra; Camilo Augusto, presidente do Comité Local do PP de Mos, e demais candidatos á alcaldía das comarcas do Baixo Miño e A Louriña.