Trátase dun verdadeiro desafío musical que require dunha perfecta sincronización entre A Clásica, dirixida por Manuel Martínez Álvarez-Nava, e os dous pianistas, Severino Ortiz e María del Mar Blanco. En conxunto, darán vida ás composicións de Gershwin, caracterizado por introducir aspectos do jazz na música clásica e Poulenc, integrante do grupo Les Six e un dos compositores máis representativos da música relixiosa do século XX en Francia.
O programa, que combina a innovación coa procura das melodías máis fermosas, estará composto polo ‘Concerto para dos pianos en re menor’, de Francis Poulenc; ‘Cuban Overture (Abertura Cubana)’, de George Gershwin e ‘Porgy and Bess (Suite) (Porgy e Bess)’, de George Gershwin. As entradas xa están dispoñibles a través da internet.