Ademais, este luns tamén lle fixeron unha celebración polos 100 anos no centro de día ao que asiste diariamente dende hai cinco anos.
Dolores naceu un 14 de abril de 1919 na parroquia de Cela, en Atín-Sequeiros, e traballou ata os 68 anos no campo e de xornaleira. Tivo dous fillos e continuou vivindo en Cela ata hai 28 anos, cando se trasladou a Pereiras á casa do seu fillo máis novo, Jorge Lorenzo, e a súa nora, Flora Pérez Ucha. En Cela viviu, xunto cos seus fillos Manuel e Jorge (sendo estes pequenos), cunha tía materna solteira.
Actualmente os fillos de Dolores teñen xa 73 anos –Manuel Lorenzo Alonso- e 70 anos –Jorge Lorenzo Alonso-. Esta nova centenaria conta con sete netos e oito bisnetos.
Durante a celebración do pasado domingo tamén estiveron presentes as súas irmás, Emilia (90 anos) e Dora (87 anos). Eran en total sete irmáns pero Dolores, Emilia e Dora son as tres que aínda viven.