Nesta cuarta edición de “DepoRúArte” a Deputación de Pontevedra ten por obxectivo implicar á mocidade de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato nos ODS, para que sumen propostas encamiñadas á adopción de medidas para poñer fin á probreza, protexer o planeta, loitar contra a desigualdade e asegurar a prosperidade. Deste xeito, a iniciativa propón unha sesión formativa, na que se presenta ao alumnado o proxecto e se abordan os detasete ODS, e outra práctica encamiñada a plasmar nun mural- graffiti as súas reflexións.
Na sesión formativa, que xa se desenvolveu no CPI Toural de Vilaboa e IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, unha pedagoga especializada en escolar, social e xestión cultural presenta ao alumnado o proxecto e configura grupos de traballo para abordar os dezasete ODS entre os que se atopan o fin da pobreza, fame cero, saúde e benestar, educación de calidade, igualdade de xénero, auga limpa e saneamento, enerxía asequible e non contaminante, traballo decente e crecemento económico, industria e innovación, reducaión das desigualdades, cidades e comunidades sostibles, produción e consumo responsables, acción polo clima, vida submarina, vida de ecosistemas terrestres, paz xustiza e institucións sociais e alianzar para lograr os obxectivos.
Trala parte formativa terá lugar a sesión práctica, na que o alumnado vai elaborar o mural-graffiti. Neste eido, as mozas e mozos terán a oportunidade de plasmar as súas reflexións pintando unha superficie coa axuda dun graffiteiro.