A exposición conforma un percorrido por máis de 350 obras que reflexionan sobre o símbolo do superheroe no século XXI a través de dous dos artistas máis importantes do panorama actual de autores de banda deseñada, tanto nacional coma internacional, que desenvolven a súa carreira no mercado norteamericano: David Aja e David Rubín.
Entre outros, neste proxecto expositivo poderase gozar dos traballos máis importantes para a editorial Marvel de Aja, como Inmortal Iron Fist, Haweye, Wolverine, Avengers ou Captain America; ou das obras de Rubín El Héroe, Aurora West, un spin off da popular serie Batling Boy de Paul Pope, ou ilustracións de personaxes como Batman ou Spirit.
Con motivo desta inauguración, Rubín realizará unha intervención pictórica na propia sala durante este xoves a partir das 11.00 horas. A mostra poderase visitar ata o vindeiro 6 de xullo, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 horas e sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.