Ás 11:30 horas realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. Ás 12:30 e ás 17:00 horas terán lugar dúas novas visitas guiadas con punto de encontro no Museo Arqueolóxico e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas actividades son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. O que si hai que abonar é a taxa de acceso ao Monte Santa Trega, que é de 1 euros para adultos e 0,5 euros para menores de 14 anos.
A oferta de visitas guiadas ampliarase na tempada de verán con novas propostas e actividades turísticas no Monte Santa Trega.