Partindo do desexo de tecer relacións, aprendizaxes, complicidades e colaboracións con diferentes colectivos e persoas, avanzando en cada nó ata ter construído unha obra común, a organización está a implicar a diversos colectivos e empresas da cidade na súa causa.
Por tal motivo, o martes 14 e o mércores 15 de maio persoas con parálise cerebral acudiron ata o hospital Álvaro Cunqueiro e a empresa Vitrasa, respectivamente, co obxetivo de elaborar de maneira conxunta cos nenos de Pediatría e cos condutores de autobús a súa pequeña rede que o propio día da intervención unirase ao resto da obra para dar forma e concluír a obra final que cubrirá toda a fonte e a praza.
A maiores, no proxecto ‘Enredando na Rúa’ colaboraron o Concello de Vigo, o Centro Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres En Teis, Centro Ballesol, Asociación Alento, Fundación Aldaba, Centro Penitenciario A Lama, CEE Manuel López Navalón, CEIP Pintor Laxeiro, Ceip Xosé Fernández López, IES Illas Cíes, AAVV Navia e a EEI Rua Aragón.
Os participantes elaboran o seu tecido empregando calquera tipo de material (algodón, lá, trapillo, fíos…), de ferramentas (agullas de ganchillo, de calceta, teares…) e de técnicas para montar a rede.
Apamp convida ademais a toda a cidadanía a que o propia día da intervención, o xoves 6 de xuño, se achegue ata o Paseo de Alfonso XII para rematar con eles esta gran rede.
Artigo relacionado: El nuevo mural de Vigo es de cerámica y tiene unos autores muy especiales