No transcurso deste evento impartiuse unha lección maxistral, que este ano correu a cargo do doutor Fernando Domínguez Freire, urólogo do Chuvi que falou sobre ‘As orixes da medicina civil municipal en Vigo. Da caridade á asistencia’.
Os 79 novos especialistas recibiron unha copia da orla oficial, ademais dun agasallo institucional da EOXI de Vigo. Tamén concluíron hoxe a súa formación sete especialistas en Enfermería Familiar e comunitaria, catro máis en Enfermería Pediátrica, dúas enfermeiras especialistas en Saúde Mental, catro matronas especialistas, un residente de Psicoloxía Clínica e dous de Farmacia Hospitalaria.
No transcurso do acto tamén fíxose entrega dos Premios Rosa Díaz e Begoña Dominguez á investigación dos residentes durante a súa etapa de formación, que recoñecen aos mellores estudos realizados.
O primeiro premio Rosa Díaz foi para José Luis Thenier Villa, residente de Neurocirurxía, polo traballo: ‘Cambios hemodinámicos durante el tratamiento de múltiples aneurismas intracraneales: un estudio de dinámica de fluidos computacional’, publicado na Revista World Neurosurgery; e o segundo premio recaeu en Victoria Arnalich Montiel, residente de Neumoloxía por ‘Test de caminar seis minutos como herramienta para determinar la capacidad de ejercicio y Pronóstico de los pacientes con silicosis’, publicado na revista de Archivos de Bronconeumología.
O premio ao mellor traballo de investigación Begoña Domínguez, que celebrou este ano a súa primeira edición, foi para Marta Baz Rodríguez, residente en Enfermaría Familiar e Comunitaria, cuxo traballo que leva por título ‘Uso problemático de internet en los adolescentes del área sanitaria de Vigo’.
Mentres, o premio ao mellor proxecto de fin de residencia foi para Estefanía Belmonte Urtiaga, residente en Enfermaría Pediatría por ‘Efectividad de la anestesia tópica como analgesia durante la vacunación en lactantes de dos meses’.