Foi, entre outros cargos, director e presidente do Museo do Pobo Galego e membro das Irmandades da Fala. Publicou na revista “Nós” e no periódico “A Nosa Terra”. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, tamén foi profesor no instituto Masculino de Lugo e no “Femenino Rosalía de Castro” de Santiago de Compostela, e foi membro da Real Academia Galega, curiosamente, ocupando o posto que deixou Castelao. Un galardón moi merecido ao que tamén lle dedica esta caricatura o ilustrador Evaristo Pereira de la Torre.