O alumnado participou nesta escapada logo de tres meses de estudo nas aulas sobre as illas Cíes. Esta actividade pertence ao programa ‘Planeta Cíes’, iniciado en xaneiro deste ano no marco da candidatura a Patrimonio da Humanidade das ‘illas dos deuses’, como tamén son coñecidas.
Como parte desta iniciativa, en próximas semanas celebrarase un acto público no que se darán a coñecer todos os proxectos de apoio á candidatura das Cíes elaborados por cada un dos trece centros que participan no programa.