Kobekina (Ekaterimburgo, Rusia, 1994) será a violonchelo solista na cita musical deste sábado. Con só 24 anos xa tivo a oportunidade de tocar con orquestras europeas como a Kremerata Baltica, Orquesta Sinfónica de Viena, Sinfonía Varsovia, Orquesta del Teatro Mariinsky, Orquesta Sinfónica de Toulouse e moitas outras. Anastasia Kobekina actúa cun violonchelo fabricado por Giovanni Baptista Guadagnini e datado en 1743.
Dentro do programa deste concerto de fin de tempada se incorpora a obra dun compositor galego, Octavio Vázquez (Santiago, 1972), que actualmente reside nos Estados Unidos pero que mantén unha intensa ligazón con Galicia. A súa música xa se escoitou en Alemaña, Australia, Canadá, España, México, Asia e Estados Unidos grazas a afamados intérpretes como Hilary Hahn, Eldar Nebolsin ou a galega Cristina Pato.
A obra sinfónica ‘Hermes’ que se poderá escoitar o sábado en Vigo foi encargada e estreada por la Real Filharmonía de Galicia, con Maximino Zumalave, no ano 2005.
A sinfonía ‘Patética’ de Tchaikovsky será outra das obras do programa deste sábado. Como curiosidade, aos 6 anos, o compositor ruso xa podía ler con fluidez textos en francés e alemán, ademais do seu ruso materno. A súa morte estará para sempre ligada a esta Sinfonía n.º 6, ‘Patética’, xa que o compositor morreu só 9 días despois de estreala, en 1893.
O inglés Sir Edward Elgar tampouco sabía que o seu ‘Concierto para violonchelo y orquesta, en mi menor, op. 85’, sería a súa última gran composición cando a escribiu. Avanzou a súa composición nunha pequena casiña de Sussex, no sul de Inglaterra, enfermo da gorxa, mentres a saúde da súa muller Alice tamén empeoraba.