Neste encontro, o equipo técnico confirmou que confía en ter resoltas antes de finais de ano todos os requirimentos, incluído o de Patrimonio, que está sendo xa informado, tal e como foi confirmado este xoves dende a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo.
«Non me gusta dar datas concretas porque sería moi aventurado, pero o documento está nunha fase moi avanzada que permite garantir con toda seguridade a súa aprobación nos vindeiros dous anos. É unha moi boa noticia saber que o informe sectorial máis complexo está sendo xa informado, algo que é de agradecer á Consellería porque nos permite ser optimistas nos prazos», explica Juan González, alcalde en funcións, quen recalca que «o PXOM é un documento que debe estar consensuado entre toda a Corporación, non só entre a maioría».