Nese álbum, o cantante, compositor e guitarrista compositor volve deixar reflexo do seu gran facer como escritor. Luke Winslow King xa recalou en España o pasado outono dentro dunha xira de presentación do disco. Daquela visitara cidades como Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza o Santander.
O artista estadounidense formouse musicalmente en New Orleans, onde chegou con 19 anos e durante 15 anos estaría empapándose de toda esa gran cultura musical que rodea a capital do Mardi Gras. É aquí onde Luke atopa o seu propio rumbo no mundo da música adoptando todos esos estilos que resoan en barrios como Tremé, onde bandas de jazz, blues, bluegrass, folk e as brass bands impregnan de música os 365 días do ano cada local e cada cruce de camiños.
As entradas para o concerto, que terá lugar na sala Rouge, xa están dispoñibles a través da internet por 10 euros -15 euros en billeteira-, así como nas tendas Discos Elepé e Honky Tonk.