A sala cuarta da Audiencia de Pontevedra anulou a sentenza que ditou o Xulgado Penal número 1 da capital de provincia que absolvía a García de la Torre do citado delito tras a denuncia duns particulares.
Segundo a alcaldesa, “a Audiencia revoca esa sentenza ó entender que o Xulgado Penal non contemplou un presunto delito de deslealdade profesional que fora imputado pola Fiscalía contra min durante a vista oral e polo tanto se retrotraen as actuacións ó Xulgado Penal para que o seu titular se pronuncie sobre ese suposto” explicou a propia afectada.
Así, a rexedora mantén a súa folla de ruta para formar un novo goberno municipal no Porriño e reiterou a súa confianza en acadar de novo unha sentenza absolutoria como xa acontecera no anterior xuízo.
Por outra banda, insistiu en que este feito xudicial “é alleo á miña actividade política polo tanto non afecta a miña condición de alcaldesa”.