A actuación, rematada hai uns días, consistiu na adecuación do parque exterior a través da plantación de céspede e elementos verdes como setos e arbustos, a creación dun areeiro zona acolchada, e xogos para os cativos.
Apuntou o alcalde de Tui que o resultado da actuación, a falta de perfilar algún detalle, é positivo e que “responde a filosofía de goberno de que as instalacións públicas estean nas mellores condición para o desfrute, neste caso, dos usuarios da Escola Infantil”. O orzamento para a actuación foi de 20.930€ con cargo ao Plan Concellos 2017.
Por outra banda, o rexedor anunciou que vai solicitar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia unha segunda Escola Infantil, indicando que o concello está disposto a proporcionar os terreos. Apuntou que este segundo centro “é necesario dado que a lista de espera é moi ampla e está a ser moi demandada polos veciños e veciñas de Tui”.