Os interesados deben anotarse na Oficina de Atención Cidadá do edificio consistorial de 9:30 a 13:30 horas. A entrada inclúe o transporte e a entrada ao recinto. A hora prevista de saída é ás 9:30 horas e a de chegada ás 22:00 horas.
O Concello apunta tamén que está permitido levar comida da casa pero non se pode acceder ao recinto con artigos de praia, envases de vidro nin cubertos de metal. De cara á inscrición, terán preferencia os empadroados no municipio.