Esta lección maxistral é especialmente axeitada para cantantes pero tamén é recomendable para calquera músico ou simplemente ouvinte e afeccionado ao jazz. A sesión estará orientada ao ‘scat’, técnica que popularizou Louis Armstrong e que consiste en improvisar melodías con sílabas sen sentido textual.
Deborah J. Carter ten unha grande reputación como educadora. De feito, é actualmente a profesora de voz de Musikene, o Conservatorio Superior do País Vasco. Ademais, realiza seminarios por todo o mundo dende hai máis de vinte anos, polo que resulta unha oportunidade única para os músicos e afeccionados da contorna.
Esta clase do Nigranjazz forma parte da identidade do festival, xa que sempre se aproveita a presenza de músicos internacionais para que intercambien os seus coñecementos cos músicos locais.