Neste novo punto, e co obxectivo de mellorar a calidade asistencial, realízanse agora os baños adaptados con cadeira-anfibia, xa que os usuarios e técnicos coinciden en que a auga de Panxón, con menor oleaxe que a zona de Praia América-Lourido na que se viñan realizando, é máis indicada para ofrecer o servizo. Asemesmo, e tamén coma novidade, os usuarios das cadeira-anfibias ou os seus acompañantes poden solicitar tamén alí unha tarxeta especial para poder aparcar o coche na rúa do Paseo de Panxón durante o tempo que dure o baño. Coma en anos anteriores, os baños ofrécense dende as 13:00 ás 19:00 horas, teñen unha duración de 20 minutos, e son asistidos por tres voluntarios de protección civil e un socorrista. A maiores, tódolos postos de vixiancia dispoñen dende o ano pasado de muletas e andadores adaptados deseñados especialmente para o seu uso na area.
Outro novo servizo xa operativo tamén dende o 1 de xullo é a primeira moto acuática de rescate e vixiancia, entregada á Mancomunidade do Val Miñor en febreiro deste ano e que opera en Nigrán e Baiona. Este vehículo, capaz de chegar de Panxón a praia de Ribeira (Baiona) en menos de 5 minutos, está manexada por un patrón voluntario de Protección Civil e un socorrista e conta cunha camilla na parte posterior. As motos acuáticas de salvamento son o método máis rápido, áxil e eficaz de conseguir chegar a unha vítima, e na maioría de condicións meteorolóxicas e lugares de difícil acceso, debido ao seu tamaño e o seu pouco calado. Ademais, permiten realizar vixilancia dinámica para ter un maior control sobre os bañistas afastados e facer un servizo de prevención, realizar rescates a calquera tipo de vítimas, así como a persoas de embarcacións, windsurf ou similar que teñan dificultades de regresar á beira e perige a súa vida.
«A vixiancia nas nosas praias vese reforzada ao crear este posto de socorrismo novo, dispor de máis medios, e incluso de máis persoal de vixiancia e salvamento que outros anos», explica Juan González, alcalde de Nigrán