O concerto contou coa asistencia do alcalde de Nigrán, Juan González; da deputada provincial Ana Laura Iglesias e de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Baixo o concepto de picnic-pop festival, Vive Nigrán terá lugar os días 19 e 20 de xullo coas actuacións entre outros, de Novedades Carminha, Ángel Stanich, Las Chillers, Hidrogenesse, Meneo, Delafé, Los Nastys, Los Vinagres, Monterrosa, Hickeys e Adriana Proenza. Tamén ofrecerá sesións DJ, actividades náuticas, gastronomía e obradoiros para público familiar. No marco de FEST Galicia acollerá distintas accións de difusión de programas a prol da igualdade, do uso da lingua galega, do respecto medioambiental e de valores positivos para a mocidade.