A delegación chegou á Deputación cos presidentes da Federación Española, Francisco Blázquez, e da Federación Galega, Bruno López, e, xunto aos xogadores, tamén asistiu o corpo técnico liderado polo adestrador Isidoro Martínez. No vestíbulo do Pazo tamén estiveron presentes nenas e nenos do Príncipe Felipe, amais dos equipos infantís dos clubs Teucro e Cisne.
Carmela Silva , que enfundouse a camiseta da selección e quixo deixar claro que se quedaba ela co agasallo do balón asinado por todos os xogadores, mostrou o seu orgullo porque “esta provincia estea a acoller este Mundial porque se primeiro pensamos que era unha honra, vivímolo agora como unha oportunidade para mostrar a toda España e ao mundo a estes xogadores que son o noso presente pero tamén o noso futuro”.
A presidenta da Deputación felicitou á xogadores e técnicos “polas tres vitorias consecutivas que supoñen que xa esteamos clasificados para Octavos de Final, e citou un por un os nomes de todos os seus compoñentes, facendo un recoñecemento especial a Pau Navarro. Tamén subliñou a importancia de apoiar este deporte “que nesta provincia se escribe con letras douro porque amamos o balonmán. Sempre tivemos e temos moitos equipos pero tamén unha base potentísima e por iso sempre seremos a milla douro do balonmán español”.
“Hoxe toda a cidadanía tomou conciencia da importancia da práctica do deporte, dixo Silva, en relación coa saúde, as relacións humanas, e o traballo en equipo para construír mellores sociedades. É unha esencia fundamenta do mellor da vida e por iso as administración temos o deber de apoialo”. A presidenta rematou desexando toda a sorte á selección nos partidos que restan para chegar á Final. “A miña nai di que cando queres cun soño se cumpra non debes dicilo en alto. Eu non vou dicilo pero todas e todos sabemos cal é ese soño e compartímolo”
Pola súa banda, o presidente da Federación Española, Blázquez, agradeceu “persoalmente a Carmela Silva o seu traballo incansable para que este Mundial se celebre aquí. É un éxito da súa xestión que, amais, está a facer con todo o deporte. Ogallá, dixo o presidente da federación, houbera moitas deputacións que traballaran con este esforzo polo deporte en España. A presidenta é unha guerreira máis”, dixo Blázquez, que tamén agradeceu o traballo “de centos de voluntarias e voluntarios que están a demostrar a importancia do balonmán nesta provincia”.
A recepción rematou con intercambio de agasallos e cunha foto de familia na escalinata do Pazo Provincial. A presidenta, acompañada polo deputado de Deportes, Gorka Díaz, asistirá este domingo, ás 21 horas no Pavillón das Travesas en Vigo, ao partido da selección española contra Xapón.