Latino, que impartirá un obradoiro de introdución ao jazz e a música improvisada para nenas e nenos en horario de mañá, é un dos maiores especialistas neste ámbito e o seu nome aparece ligado ao de moitos dos novos talentos emerxentes do jazz da actualidade, formados na súa escola de Valencia, Sedajazz, ou ben nalgún dos proxectos musicais que dirixe ao longo de todo o estado.
Así mesmo, polas tardes, o músico valenciano ofrecerá un segundo obradoiro, este dirixido a persoas novas e adultas, amateur ou profesionais, que queiran mergullarse no mundo da improvisación e coñecer os fundamentos do jazz. Durante as clases afondarase, sempre dende unha perspectiva práctica, en conceptos como escalas, harmonía ou técnicas de improvisación.
Os cursos desenvolveranse os días 19, 20 e 21 no Auditorio Municipal de Cangas e o último día, o alumnado ofrecerá un recital aberto ao público co repertorio preparado durante as sesións de traballo.
As clases das mañás serán en horario de 10.00 a 13.00 horas e as das tardes das 16.00 ás 19.00 horas. O prezo da matrículas é de 30 euros por estudante e para inscribirse é necesario enviar un correo a jazzcangas@gmail.com, indicando nome completo, DNI, data de nacemento e obradoiro ao que se desexa asistir.