Ao mesmo tempo, repite os estreados con éxito en 2018 como Chan de Folk (festival que une a xa tradicional observación das perseidas en Chandebrito cun concerto folk), a batalla de galos en Praia América (sábado 3) ou o Rock in Patos como peche de verán (día 24) .
Ademais, incorpóranse novidades á programación estival como a presenza por vez primeira do festival Peregrinos Musicais o domingo día 4 aos pés do templo Votivo de Panxón, un escenario espectacular «estreado» o ano pasado e onde a Nova Orquestra Promúsica de Málaga ofrecerá un concerto cos grandes temas da historia do cinema (21:00).
Igualmente, o Concello ofrece en colaboración co IEM dúas rutas -unha polo mar de Panxón o día 13 e outra etnográfica tamén por esta parroquia o día 6- e repetirase a andaina xeolóxica por Monteferro (días 7 e 20).
Citas gastronómicas ineludibles como o Rilla na Rúa (ata o domingo 4), a Festa dos Ovos con Chourizo (o día 9) ou o festival da cervexa artesá na Foz volverán ser referencia desde o punto de vista culinario.