Da man do Concello de Vigo, a formación clásica interpreta este sábado ás 21:45 horas «Peer Gynt», a coñecida obra de Edvard Grieg, con acceso gratuíto ata completar aforo. Logo da edición inaugural do pasado ano, reedítase este verán a Noite das Perseidas na explanada das áncoras, no monte do Castro.
Durante o concerto poderá verse como cambia a iluminación deste espazo tan singular da cidade cunha orquestra que contará coa iluminación tenue das lámpadas dos atris. Unha oportunidade única para compartir a música clásica nun marco incomparable no que o solpor forma parte da posta en escena. A proposta súmase á programación anual da formación, que celebra o seu 35 aniversario.